Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto dun punto limpo no concello de Outeiro de Rei, na provincia de Lugo, promovido pola Secretaría Xeral de Coordinación Ambiental (expediente 2014/0147).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 28 de abril de 2015, relativo ao proxecto dun punto limpo no concello de Outeiro de Rei, na provincia de Lugo, promovido pola Secretaría Xeral de Coordinación Ambiental (expediente 2014/0147).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental