Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38267

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (157/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 157/2013, por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Ausima, S.A., Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, en que recaeu auto de aclaración con data do 8.9.2015 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

Auto.

Maxistrado xuíz

Nicolás Emilio Pita Lloveres

A Coruña, 8 de setembro de 2015

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data 8.7.2015, ditouse sentenza nos presentes autos, pola que se estimaba parcialmente a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Segundo. Que a representación da Mutua Gallega presentou escrito con data do 4.8.2015 en que solicitaba a aclaración da sentenza en canto aos particulares que se especifican no dito escrito.

Fundamentos de dereito:

Único. De conformidade co que establece o artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón: «Os xuíces e tribunais non poderán variar as sentenzas e os autos definitivos que pronuncien despois de asinados, pero si aclarar algún concepto escuro e suplir calquera omisión que conteñan. Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento. Estas aclaracións ou rectificacións poderanse facer de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da sentenza, por instancia de parte ou do Ministerio Fiscal».

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

S.Sª. acorda: procede a aclaración solicitada e, en consecuencia, o feito probado cuarto, oitavo e a resolución quedarán do teor literal seguinte:

Cuarto. Ramón Vázquez Fraga, mentres prestaba servizos para a empresa Ausima, S.A., sufriu, o 19 de agosto de 2009, un novo accidente de traballo. A empresa descontou as prestacións económicas de IT en contía de 8.393,91 euros, e a Mutua Gallega aboou a cantidade de 1.393,44 euros en concepto de asistencia sanitaria.

Oitavo. Carlos Cerviño Loureiro, mentres prestaba servizos para a empresa Ausima, S.A., sufriu, o 29 de xuño de 2009, accidente de traballo. A empresa descontou as prestacións de IT en contía de 1.313,28 euros, e a Mutua Gallega aboou, como consecuencia deste, a cantidade de 566,50 euros en concepto de gastos de asistencia sanitaria.

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Mutua Gallega fronte á empresa Ausima, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Ausima, S.L. a aboar á Mutua Gallega a cantidade de vinte e un mil seiscentos sesenta e sete euros con sesenta e tres céntimos (21.667,63 euros) en concepto de prestacións derivadas de accidente de traballo anticipadas pola Mutua Gallega a traballadores da dita empresa, e deberá responder subsidiariamente da cantidade de seis mil douscentos vinte e dous euros con cincuenta e sete céntimos (6.626,05 euros) o Instituto Nacional da Seguridade Social, como sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social como servizo de caixa única.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O maxistrado xuíz                                         A secretaria xudicial

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ausima, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de setembro de 2015

A secretaria xudicial