Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38265

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (230/2014).

Divorcio contencioso 230/2014

Procedemento orixe: /

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Manuel Salazar Jiménez

Procuradora: Cristina María del Río Recouso

Avogada: Noemí Martínez González

Demandada: Sandra Díaz Jimenez

Eu, Gema Antolín Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de divorcio contencioso nº 230/2014 deste xulgado de primeira instancia, seguido por instancia de Manuel Salazar Jiménez contra Sandra Díaz Jiménez, foi ditada a resolución que ten a dispositiva seguinte:

«Resolvo:

Admitir a demanda presentada pola procuradora Cristina María del Río Recouso, en nome e representación de Manuel Salazar Jiménez contra Sandra Díaz Jiménez, en rebeldía procesual, e, en consecuencia, declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído entre os litigantes o día 14 de setembro de 2007, matrimonio que foi inscrito no tomo 87, páxina 440, da sección 2ª do Rexistro Civil de Poio, con todos os efectos legais que a devandita declaración leva consigo. Enténdense revogados definitivamente os poderes e consentimentos que os cónxuxes se tiveren outorgado. Os cónxuxes poderán vivir separados e cesa a presunción de convivencia conxugal.

1. Os fillos menores, José Manuel e María del Carmen, continuarán baixo a garda e custodia do pai, Manuel Salazar Jiménez, ao que se atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade, mantendo a titularidade da patria potestade en ambos os proxenitores.

2. Non procede fixar réxime de visitas, sen prexuízo de ulterior establecemento se a nai o solicitar e resultar acreditado que isto beneficia os menores.

3. Sandra Díaz Jiménez deberá aboar en concepto de pensión de alimentos aos dous fillos menores a suma de 150 euros ao mes (75 euros por cada un), que a nai deberá satisfacer dentro dos cinco primeiros días de cada mes, mediante ingreso na conta corrente designada pola nai. Esta cantidade revalorizarase anualmente elevándose na mesma proporción que experimente o índice de prezos de consumo que publica periodicamente o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa, e a primeira elevación producirase ao ano da entrada en vigor destas medidas.

Respecto dos gastos extraordinarios dos fillos, serán aboados por metade por ambos os proxenitores e estimaranse como tales os médicos, os odontolóxicos e os farmacéuticos non cubertos pola seguridade social.

Todo iso sen facer expresa imposición das custas.

Firme esta resolución, comuníquese de oficio ao rexistro civil onde consta inscrito o matrimonio dos cónxuxes litigantes, Rexistro Civil de Poio.

Notifíquese esta resolución en forma legal, ás partes, ás cales se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Ilustrísima Audiencia Provincial de Pontevedra, e que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sandra Díaz Jiménez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 10 de decembro de 2014

A secretaria xudicial