Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38263

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (2248/2015).

Número de recurso: RSU recurso de suplicación 2248/2015. BC

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 903/2014 Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

Recorrente: María Rosario Sobrido Pando

Avogado: Pedro Avelino Naveira Couceiro

Recorridos: Fogasa, Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A.

Avogado/a: Fogasa

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 2248/2015 desta sección, seguido por instancia de María Rosario Sobrido Pando contra Fogasa, Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., Limpiezas Secope, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que con desestimación do recurso interposto por María del Rosario Sobrido Pando, confirmamos a sentenza que con data 4.2.2015 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, pola súa instancia e pola que se acolleu a demanda formulada.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Secope, S.A. e Trabajos, Obras y Servicios Urbanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de setembro de 2015

A secretaria xudicial