Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38261

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2015 pola que se convocan para a realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) as persoas aspirantes admitidas, pola quenda de acceso libre, no proceso selectivo para cubrir dez prazas da categoría profesional de oficial de servizos, do grupo IV1, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2014.

Mediante a Resolución reitoral do 24 de novembro de 2014 (DOG do 2 de decembro) convocáronse probas selectivas para cubrir dez prazas da categoría profesional de oficial de servizos, cinco pola quenda de promoción interna e cinco pola quenda de acceso libre.

A Resolución reitoral do 27 de abril de 2015, no seu punto cuarto, establece que as persoas admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para realizar o primeiro exercicio mediante resolución que se publicará no DOG. De conformidade con isto, resolvo:

Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) da fase de oposición os días 27 e 28 de outubro de 2015, ás 9.00 horas, na aula B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (avda. do Burgo, Campus Norte, Santiago de Compostela).

De conformidade coas bases da convocatoria, a publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios realizarase nos locais onde se realizara o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela