Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 30 de setembro de 2015 Páx. 38270

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (170/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 170/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Blanco Alonso contra Couñago & Jamargo Restauración, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2015

Despois de consultar a dispoñibilidade da axenda de sinalamentos, e tras presentar a traballadora Lorena Blanco Alonso exixindo o cumprimento polo empresario Couñago & Jamargo Restauración, S.L. da obriga de readmisión, e unha vez despachado auto de execución do 8 de xullo de 2015, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar novamente para comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que se intenten valer, e fixo o próximo día 13 de outubro de 2015, ás 13.30 horas, para que teña lugar.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste na súa solicitude. Se non o fai o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Couñago & Jamargo Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2015

A secretaria xudicial