Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 29 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Familia e Inclusión, pola que se notifica un requirimento de documentación en relación co expediente 025/2005/2.

O día 16 de decembro de 2014, o Servizo de Protección de Menores da Consellería de Traballo e Benestar requiriulle a Ana María López Amarante unha documentación indispensable en relación ao seu expediente, 025/2005/2.

Intentada a notificación deste requirimento, segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, notifícaselle a Ana María López Amarante o contido deste requirimento que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia e Inclusión

ANEXO

Ana María López Amarante.

DNI: 33850934-V.

Unha vez revisado o seu expediente, 025/2005/2, comprobamos que están pendentes trámites indispensables para a continuación do procedemento.

Para tal efecto, comunicámoslle que pode comparecer no Servizo de Protección de Menores, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, no prazo improrrogable de 10 días desde que se publique esta cédula, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) para poder consultar o seu expediente.

Consellería de Traballo e Benestar.

Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

Servizo de Protección de Menores.

Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

15781 Santiago de Compostela.

A Coruña.