Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 8 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, polo que se notifica o acordo de incoación do procedemento sancionador PSC/2015/19, por infracción en materia de autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios.

O 31 de xullo de 2015 formúlase o acordo de incoación pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade no procedemento sancionador PSC/2015/19 incoado á entidade Dentales del Noroeste, S.L.

Intentada a notificación segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en adiante LRXPAC), e ao non poderse practicar a notificación persoal, notifícaselle, por medio deste anuncio, ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, o acordo de incoación referido que se indica no anexo para que poida ter coñecemento del.

Tendo en conta que, en atención ao disposto no artigo 61 da LRXPAC, o acto notificado non se publica na súa integridade, senón unha breve indicación do seu contido no anexo, fáiselle saber que o texto íntegro do acordo de incoación atópase á súa disposición nas dependencias da Subdirección Xeral de Inspección, Auditoría e Acreditación de Servizos Sanitarios, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, durante o prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Desde o día da comparecencia do interesado na antedita unidade administrativa ou do vencemento do dito prazo, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2015

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Número de expediente: PSC/2015/19.

Infractora: Dentales del Noroeste, S.L.

NIF: B27138809.

Último domicilio coñecido: rúa Progreso nº 37, 2º B, 27001 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 3.a) e 8.1.a) do Decreto 12/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios; o artigo 6.2 do Real decreto 1277/2003, do 10 de outubro, polo que se establecen as bases xerais sobre a autorización de centros, servizos e establecementos sanitarios e os artigos 3 e 8.1 do Decreto 97/1998, do 20 de marzo, polo que se regula a publicidade sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipificación provisional das infraccións: grave (artigo 21.3.a) do Decreto 12/2009), e grave (artigo 10B) do Decreto 97/1998.

Precepto sancionador: artigo 44.2.b) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.