Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 2 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións. Contra elas poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Consellería de Traballo e Benestar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme o disposto nos artigos 59.5 e 114 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No mesmo prazo sinalado anteriormente, e de acordo co referido no artigo 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo (rolda da Muralla, 70), para coñeceren o texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

Lugo, 2 de setembro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE/pasaporte

Nº de expediente

Resolución

Concello

Neira López, María del Carmen

33342336-H

27028/0147/15-R

Arquivamento

Lugo

Pérez Guerrero, Yoselin

X1839398-L

27057/0014/15-E

Arquivamento

Sarria