Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 67/2014.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social (materia relacións laborais), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor recurso de alzada ante a directora xeral de Traballo e Economía Social no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, andar baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 2 de setembro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Empresa

Enderezo

NIF

Expediente

Preceptos
infrinxidos

Preceptos
sancionadores

Data da resolución

Estación de Servicio Valle de Oro, S.L.

A Ferreira, s/n, O Valadouro, Lugo

B27003466

67/2014

Artigo 4.2.a) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores

Artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social

26 de maio de 2015