De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente existente nesta xefatura territorial.
A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
O expediente consta no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial de Vigo, da Consellería de Traballo e Benestar, rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde a persoa interesada poderá comparecer nun prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente, para efectos de coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas.
Nº expediente: 2014/216-5.
Interesado: Albino Fariña Táboas.
Enderezo: descoñecido.
Asunto: notificación dunha resolución administrativa de data 1 de setembro de 2015.
Vigo, 2 de setembro de 2015
María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo