Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (expediente RL 2015/0035-4 e un máis).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinaren as resolucións nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Traballo e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: RL 2015/0035-4.

Acta: I362014000086246.

Empresa: Sanxenxo Arena, S.L., en constitución.

NIF: B-94098456.

Enderezo: estrada de circunvalación Portonovo, 69, Sanxenxo.

Materia: relacións laborais.

Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.a), 4.2.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigos 5, 7.10, 8.1, 39.2 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 13.5.2015.

Resolución: multa de 6.877 €.

Expediente: RL 2015/0036-4.

Acta: I362014000089882.

Empresa: Grupo M.G.O., S.A.

NIF: A-80322233.

Enderezo: avenida de Madrid, 36 baixo, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 14 e seguintes do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.22, 39.1, 39.3 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 7.5.2015.

Resolución: multa de 2.046 €.

Fáiselles saber aos interesados que poden formular recurso de alzada, ante a directora xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselles que, de non interpoñelos no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 3 de setembro de 2015

P.A. (Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa de Vigo