Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 05/2015.

De conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social (materia relacións laborais), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso de alzada ante a directora xeral de Traballo e Economía Social no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 48 e 115.1 da Lei 30/1992, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, andar baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución.

Advírteselle que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 3 de setembro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Empresa

Enderezo

NIF

Expediente

Preceptos
infrinxidos

Preceptos
sancionadores

Data da resolución

Manuel Méndez Rodríguez

Rúa Marina Española, 10, 4º D, Lugo

33847933Y

05/2015

Artigo 35.5 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores

Artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social

17 de xuño de 2015