Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (221/2012) e acumulado (478/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Pilar Jorge Martínez contra INSS, José Bernat Herrero, Berbar, S.L., TXSS, en reclamación por seguridade social, rexistrado co nº seguridade social 221/2012, se acordou a notificación e citación, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, dos demandados a José Bernat Herrero e a Berbar, S.L., en ignorado paradoiro, das resolucións que se transcriben a seguir:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2015.

Pilar Jorge Martínez presentou escrito en data no decanato con data do 15.7.2015 e entrada neste xulgado o día 16.7.2015, escrito de ampliación da demanda.

Visto o seu contido, acordo ter por ampliada a demanda contra José Bernat Herrero e Berbar, S.L. e, en consecuencia, fágase entrega ás ditas demandadas, contra as cales se ampliou a demanda, da copia da demanda presentada.

En canto ao sinalamento para o acto de xuízo, queden os autos para fixar data á espera da dispoñibilidade da axenda deste órgano xudicial.

En canto ao outrosí primeiro, acordarase no momento procesual oportuno.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2015.

Vistas as actuacións e fixado un novo sinalamento de xuízo para o día 8.10.2015, ás 9.40 horas, na sala de audiencias deste xulgado, sita na sala 1, planta baixa, polígono das Fontiñas, rúa Berlín, s/n desta localidade, cítanse as partes para que comparezan en tal día e hora. A notificación da presente resolución serve de citación en legal forma ás partes.

Advírtese a parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a súa suspensión, se considerará que desiste da súa demanda. Igualmente, advírtese a parte demandada de que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, que estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía e que deberá acudir coas probas de que se intente valer en xuízo, sen prexuízo do disposto no artigo 87 da LXS.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Fáiselles saber aos destinatarios que para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e que deberán acudir con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a José Bernat Herrero e a Berbar, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2015

A secretaria xudicial