Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a declaración de deserta da contratación, documentalmente simplificada, do servizo para a instalación, xestión e explotación de máquinas vending expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e contrato administrativo especial.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2015-SECON 1 EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22896

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: instalación, xestión e explotación de máquinas vending expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) CPV: 55400000-4. Servizos de subministración de bebidas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 127, do 8 de xullo de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do canon: 71.280,00 €.

5. Orzamento base do canon: 32.400,00 €, desagregado por anualidades do seguinte xeito:

Ano 2015: 6.750,00 €.

Ano 2016: 16.200,00 €.

Ano 2017: 9.450,00 €.

6. Declaración de deserto:

a) Órgano de aprobación: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Data de resolución da declaración de deserto: 5 de agosto de 2015.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza