Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4204/2015, interposto pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) contra a Orde do 14 de abril de 2015 de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Baralla (Lugo), no ámbito da canteira de Vale.

Nesta secretaría xeral recibiuse o escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4204/2015, interposto pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) contra a Orde do 14 de abril de 2015, de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Baralla (Lugo), no ámbito da canteira de Vale.

Para os efectos de formalizar o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en data 24 de agosto de 2015.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestructuras