Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36838

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2015 pola que se corrixe a Resolución do 24 de agosto de 2015 pola que se convoca concurso público de prazas de persoal docente e investigador contratado polo procedemento de urxencia.

Advertido erro na Resolución do 24 de agosto de 2015, publicada no DOG do 2 de setembro de 2015 ao ter incluído no punto 2.1 de Requisitos de carácter xeral para todas as prazas un parágrafo que corresponde exclusivamente a prazas de carácter permanente, procede, en virtude do establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, facer a seguinte corrección:

Suprimir na páx. 35543 o parágrafo: «Non poderá participar no presente concurso o persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela que pertenza ao mesmo réxime xurídico, corpo, categoría, área de coñecemento e departamento da praza que se convoca».

Esta corrección determina que deba abrirse novamente o prazo de presentación de solicitudes en quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte á data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2015

P.D. (Resolución do 19.6.14; DOG do 30 xuño)
Luis Lima Rodríguez
Vicerreitor de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador