Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36835

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2015 pola que se corrixe a Resolución do 24 de agosto de 2015 pola que se convoca concurso público de prazas de persoal docente e investigador contratado.

Advertidos erros na Resolución do 24 de agosto de 2015, publicada no DOG o 2 de setembro de 2015, ao ter incluído no punto 2.1 «Requisitos de carácter xeral para todas as prazas» un parágrafo que corresponde exclusivamente a prazas de carácter permanente, procede, en virtude do establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, facer as seguintes correccións:

Suprimir na páxina 35557 o parágrafo: «Non poderán participar no presente concurso o persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela que pertenzan ao mesmo rexime xurídico, corpo, categoría, área de coñecemento e departamento da praza que se convoca».

Na páxina 35574, onde di:

«Nº de concurso: 2025/15-16. Dedic.: P3.

Nº de prazas: 1(HX1242).

Área de coñecemento: Didáctica das Ciencias Sociais.

Departamento: Did. da Lingua e a Lit. e das CC. Soc.

Perfil: Ensino e Aprendizaxe das CC. Sociais II (G314121).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Xeografía, Historia ou Historia da Arte.

Centro (*): Fac. de Ciencias da Educación.

Localidade: Santiago de Compostela».

Debe dicir:

«Nº de concurso: 2025/15-16. Dedic.: P3.

Nº de prazas: 1(HX1242).

Área de coñecemento: Didáctica das Ciencias Sociais.

Departamento: Did. da Lingua e a Lit. e das CC. Soc.

Perfil: Ensino e Aprendizaxe das CC. Sociais II (G3141321).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Xeografía, Historia ou Historia da Arte.

Centro (*): Fac. de Ciencias da Educación.

Localidade: Santiago de Compostela».

Onde di:

«Nº de concurso: 2027/15-16. Dedic.: P3.

Nº de prazas: 1(HX1234).

Área de coñecemento: Didáctica das Ciencias Sociais.

Departamento: Did. da Lingua e a Lit. e das CC. Soc.

Perfil: Ensino e Aprendizaxe das CC. Sociais (G3121422).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Xeografía, Historia ou Historia da Arte.

Centro (*): Fac. de Ciencias da Educación.

Localidade: Santiago de Compostela».

Debe dicir:

«Nº de concurso: 2027/15-16. Dedic.: P3.

Nº de prazas: 1(HX1234).

Área de coñecemento: Didáctica das Ciencias Sociais.

Departamento: Did. da Lingua e a Lit. e das CC. Soc.

Perfil: Aprendizaxe das CC. Sociais (G3121422).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Xeografía, Historia ou Historia da Arte.

Centro (*): Fac. de Ciencias da Educación.

Localidade: Santiago de Compostela».

Na páxina 35582, onde di:

«Nº de concurso: 2059/15-16. Dedic.: P6.

Nº de prazas: 1(HX1240).

Área de coñecemento: Socioloxía.

Departamento: Socioloxía.

Perfil: Estatística para as Ciencias Sociais I (G3011105).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Socioloxía ou en Ciencia Política e da Administración.

Centro (*): Fac. de Ciencias da Educación.

Localidade: Santiago de Compostela».

Debe dicir:

«Nº de concurso: 2059/15-16. Dedic.: P6.

Nº de prazas: 1(HX1240).

Área de coñecemento: Socioloxía.

Departamento: Socioloxía.

Perfil: Estatística para as Ciencias Sociais I (G3011105).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Socioloxía, Ciencia Política e da Administración, Economía ou Psicoloxía.

Centro (*): Fac. de Ciencias Políticas e Sociais.

Localidade: Santiago de Compostela».

Estas correccións determinan que se debe abrir novamente o prazo de presentación de solicitudes en quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte á data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2015

P.D. (Resolución do 19.6.2014; DOG do 30 de xuño)
Luís Lima Rodríguez
Vicerreitor de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador