Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36469

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (265/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 265/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Miguel Caridad Varela, Ricardo Sergio Manteiga Vieites contra a empresa Industrias de la Madera Cubeiro, S.L., administracion concursal de Industrias de la Madera Cubeiro, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Sentenza: 356/2015.

Número de autos: 65/2013.

Na cidade da Coruña, tres de xullo de dous mil quince.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante José Miguel Caridad Varela, Ricardo Sergio Manteiga Vieites, que comparecen representados polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e doutra como demandado Industrias de la Madera Cubeiro, S.L., administración concursal de Industrias de la Madera Cubeiro, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que a pesar de estaren citados en legal forma non comparece ningún dos demandados.

En nome do rei ditou a seguinte

Sentenza.

Decisión:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante José Miguel Caridad Manteiga e Ricardo Sergio Manteiga Vieites, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Industrias de la Madera Cubeiro, S.L. a que lle aboe a cantidade de 3.621,69 € a favor do Sr. Caridade e 3.621,69 € a favor do Sr. Manteiga.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Industrias de la Madera Cubeiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de agosto de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial