Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36471

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 339/2015).

Miguel Gendra Rey, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 339/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa María Bahamonde Liñares contra Zapatos y Complementos Bari, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou sentenza número 264, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 339/2015, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento e reclamación de cantidade, por instancia de Rosa María Bahamonde Liñares, asistida pola letrada María Elena Rodríguez González, contra Zapatos y Complementos Bari, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Que debo estimar e estimo a demanda por Rosa María Bahamonde Liñares contra Zapatos y Complementos Bari, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro a improcedencia do despedimento efectuado con efectos do 28 de febreiro de 2015 e condeno a empresa indicada a que readmita inmediatamente a demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación a razón de 46,83 euros/día ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento dunha indemnización de 17.270,02 euros.

A dita opción deberá exercerse no termo de 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. Condeno a empresa Zapatos y Complementos Bari, S.L. a aboarlle á demandante 1.147 euros.

3º. Condeno o Fogasa a estar e pasar pola presente resolución, nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Zapatos y Complementos Bari, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

O secretario xudicial