Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36467

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1730/2015 AL).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1730/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 319/2014 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Securitas Seguridad España, S.A.

Avogado: José David del Río Balado

Recorridos: María Trinidad Campos Rodríguez, Basilio Alonso Blanco, Rocío Berbes Amoedo, Enrique Giralda Larran, Juan José Vázquez Senra, José Manuel Iglesias Pérez, Javier Pablo Romero Falque, Jorge Cruz Romero, Raquel Expósito Míguez, Manuel Calviño Moledo, Fernando Darrosa Abal, José Manuel Martínez López, Jesús González Pérez, José Manuel González González, Antonio Escudero Feijoo, Pablo Curras García, María del Carmen Pena Morandeira, José Ángel Fariña Parada, Marcelino Chaves Castro, Juan Manuel Rivas Bouza, Daniel Velasco Teijeira

Avogada: Cristina Pesqueira García

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 1730/2015 desta sección, seguido por instancia de Securitas Seguridad España, S.A. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Casación en unificación de doutrina: 341/2015 AL

Parte recorrente: Securitas Seguridad España, S.A.

Dilixencia de ordenación

da secretaria xudicial M. Socorro Bazarra Varela

A Coruña, vinte e catro de agosto de dous mil quince

O anterior escrito presentado polo letrado David del Río Balado, en nome e representación de Securitas Seguridad España, S.A., únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Tense por efectuado o depósito para recorrer.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao pagamento destas o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (consulta número V3674-13).

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso, sen prexuízo de que a parte contra a que se recorre se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a José Manuel Martínez López, Rocío Berbes Amoedo, Jesús González Pérez, José Manuel González González, Antonio Escudero Feijoo, Pablo Curras García, María del Carmen Pena Morandeira, José Ángel Fariña Parada, Marcelino Chaves Castro, Juan Manuel Rivas Bouza e Daniel Velasco Teijeira, na actualidade en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de agosto de 2015

A secretaria xudicial