Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 10 de setembro de 2015 Páx. 36394

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (105/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de execución de títulos xudiciais 105/2015 deste xulgado do social, seguido a instancia de Jesús Rico e Ferreiro contra Hermanos Seoane, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto número: 473/2015.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, vinte e un de agosto de dous mil quince.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Jesús Ricoy Ferreiro presentou demanda de execución fronte a Hermanos Seoane, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto polo que se despacha execución con data do 25 de maio de 2015 por un total de 28.809,46 euros en concepto de principal [4.152,12 euros en concepto de salarios debidos + 207,54 euros en concepto de intereses do artigo 29.3 ET (calculados respecto aos salarios debidos) + 24.449,80 euros en concepto de indemnización], máis outros 2.880,95 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se obtivo cantidade ningunha do embargo de contas bancarias trabado e deuse a preceptiva audiencia á parte executante e ao Fondo de Garantía Salarial; a parte executante presentou escrito mediante o que solicitaba a declaración de insolvencia da executada, que se une aos autos da súa razón.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens abondo do executado nos que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e de ser infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar á executada Hermanos Seoane, S.L., en situación de insolvencia total, por importe de 28.809,46 euros en concepto de principal [4.152,12 euros en concepto de salarios debidos + 207,54 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET (calculados respecto aos salarios debidos) + 24.449,80 euros en concepto de indemnización], máis outros 2.880,95 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións, secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións, secretario xudicial”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2015

A secretaria xudicial