Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 10 de setembro de 2015 Páx. 36392

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 24 de agosto de 2015 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Xestión Integrada de Ferrol.

Mediante Orde desta consellería do 30 de xuño de 2015 (DOG nº 132, do 15 de xullo) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Xestión Integrada de Ferrol.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 30 de xuño de 2015 (DOG nº 132, do 15 de xullo) para os efectos previstos no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde, para os efectos de que se proceda á súa vinculación mediante contrato laboral de alta dirección.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Posto: director/a de Procesos sen Ingreso e de Urxencias.

Nome e apelidos: Salvador Mariño-Ageitos Monteagudo.

DNI (*): *****123X.

* Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.