Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 10 de setembro de 2015 Páx. 36397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 262/2015, do 30 de abril, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 30 de abril de 2015, pronunciou a Sentenza 262/2015, ditada no procedemento ordinario nº 4138/2014, interposto por Francisco Javier Folla Macía, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Francisco Javier Folla Macía contra a Orde do 13.12.2013 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se otorgou aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal de Vilamartín de Valdeorras, que anulamos, por ser contraria a dereito, no que se refire ás determinacións do sector de solo urbanizable industrial S-02. Impóñense as custas do recurso, nos termos indicados, ás administracións demandadas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo