Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 10 de setembro de 2015 Páx. 36398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de urbanización do polígono industrial S.UR.ND.I-1 en Álceme, no concello de Rodeiro (Pontevedra), promovido pola Xunta de Compensación do Polígono Sector Único UR.ND.I-1 (clave 2015/0026).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 4 de agosto de 2015 relativo ao proxecto de urbanización do Polígono Industrial S.UR.ND.I-1 en Álceme, no concello de Rodeiro (Pontevedra), promovido pola Xunta de Compensación do Polígono Sector Único UR.ND.I-1 (clave 2015/0026).

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos

E nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental