Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se recoñece a escola Náutica Golfiño Sociedad Civil como escola de navegación de lecer (Enal básica).

Antecedentes:

A escola Náutica Golfiño Sociedad Civil solicitou o recoñecemento como escola de navegación de lecer (Enal básica).

Consideracións legais e técnicas:

1. Decreto 132/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 198, do 16 de outubro).

2. Orde do 31 de xullo de 1998 pola que se regula a normativa para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 164, do 25 de agosto).

3. O Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-Pesqueiras analizou a documentación e realizou as correspondentes inspeccións.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro é a competente para resolver o expediente.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVE:

Recoñecer a escola Náutica Golfiño Sociedad Civil como escola de navegación de lecer (Enal básica) e, segundo o artigo 7 da citada orde, terá a consideración de centro colaborador da Administración nos temas que lle son propios.

Así mesmo, procédese á inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a:

Náutica Golfiño Sociedad Civil, con sede das instalacións na rúa Carrero Blanco, número 6, Caión, 15145 A Coruña, e inscrita co número de rexistro XGEN047.

A inscrición no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer ten como finalidade a anotación, o seguimento, o control e a inspección da escola recoñecida. Terá unha vixencia de cinco (5) anos, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución e deberá solicitar a súa renovación transcorrido ese prazo.

A escola inscrita está obrigada a comunicarlle ao rexistro calquera cambio que modifique as condicións en que foi recoñecida, así como a substitución do instrutor ou o cambio da embarcación de prácticas.

Así mesmo, a escola poderá perder o seu recoñecemento e ser anulada a súa inscrición no rexistro por non renovar o recoñecemento, por incumprimento das súas obrigas ou por cesamento da actividade por máis de tres (3) anos. A resolución será publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro