Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato de explotación do servizo de cafetaría do Centro Sociocomunitario da Milagrosa (Lugo).

Mediante Resolución do 24 de xullo de 2015, a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo declarou deserto o procedemento aberto, publicado no DOG número 125, do 6 de xullo de 2015, para a contratación do servizo de cafetaría no Centro Sociocomunitario da Milagrosa (Lugo), expediente 29/2015, ao non presentarse ningunha oferta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante este órgano de contratación, segundo se establece nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo se establece no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Lugo, 3 de agosto de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo