Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35775

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral do Mar, polo que se notifica a resolución do procedemento de reintegro de subvención ditada no expediente PE 107D/2009-81-1.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán desde esa publicación.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Secretaría Xeral do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente desta orde xurisdicional, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar

ANEXO

Beneficiaria: Cristina Fernández Cañoto.

NIF: 76414849V.

Número de expediente SXPA: PE 107D/2009-81-1.

Buque pesqueiro: Virgen Blanca (3ª CO-2-3734).

Acto de notificación: Resolución do procedemento de reintegro do 30 de abril de 2015, da conselleira do Medio Rural e do Mar, pola que se declara a procedencia de reintegro total da subvención.

Último enderezo coñecido: rúa Linares Rivas, números 41-42, 2º esquerda, 15160 Sada (A Coruña).