Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 4 de setembro de 2015 Páx. 35777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 6 de agosto de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo interposto contra o acordo de execución subsidiaria da orde de demolición derivada do expediente 107 B 2001/27-0, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 17 de xullo de 2015, ditou resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Carlos Naya Suárez contra o Acordo do 21.5.2014, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, de execución forzosa mediante execución subsidiaria da resolución ditada polo director xeral de Urbanismo o día 27.11.2000 en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación destinada a vivenda no lugar de Santa Locaia, no termo municipal de Arteixo, provincia da Coruña. Confírmase, en consecuencia, a resolución impugnada e pola que se alza a suspensión do acto administrativo obxecto de impugnación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística