Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 3 de setembro de 2015 Páx. 35660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (258/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 258/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de David González Queiro contra Atalanta Intercon, S.L, Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por David González Queiro contra a entidade Atalanta Intercon, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Atalanta Intercon, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 16.144,22 € brutos, polos salarios devindicados entre setembro de 2011 e febreiro de 2013, incrementados no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 2.230,88 € correspondentes ao 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por David González Queiro contra o Fondo de Garantía Salarial, ao concorrer a excepción de prescrición e, en consecuencia, debo absolvelo das responsabilidades que poidan derivar da falta de pagamento de Atalanta Intercon, S.L.

Notifíquese a presente resolución á partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, Pilar Carreira Vidal.

E, para que sirva de notificación en legal forma á empresa Atalanta Intercon S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial