Convocada por Resolución 04F/2015, do 1 de xullo de 2015 (DOG nº 137 do 22 de xullo), a provisión polo sistema de libre designación, dun posto vacante de xefe de Servizo de Atención Primaria, esta Xerencia de Xestión Integrada, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das competencias atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto vacante de xefe de Servizo de Atención Primaria, anunciado por Resolución 04F/2015 (DOG nº 137, do 22 de xullo).
Segundo. Nomear para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.
Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel no que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo xerente da Xerencia de Xestión Integrada. Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Quinto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa publicación.
A Coruña, 18 de agosto de 2015
Francisco José Vilanova Fraga
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña
ANEXO
Posto: xefe de Servizo de Atención Primaria de Cambre.
Nome e apelidos: Pilar Ares Sierra.
DNI: 32449148-N.