Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 3 de setembro de 2015 Páx. 35662

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 21/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 21/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Passaretti Costoya, José Manuel García Asorey e Manuel Buján Fernández contra Hermanos Seoane, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decreto núm. 470/2015.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Ángel Passaretti Costoya, José Manuel García Asorey e Manuel Buján Fernández presentaron demanda de execución fronte a Hermanos Seoane, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. O 12 de marzo de 2015 acordouse acumular os autos seguidos co número ETX 37/2015 ás presentes actuacións ETX 21/2015 e o 6 de abril de 2015 acordouse a acumulación dos autos seguidos co número ETX 37/2015, para continuar nun único procedemento (ETX 21/2015) as execucións, por importe de 143.409,48 euros de principal correspondendo a Manuel Buján Fernández 52.356,92 euros (9.978,29 euros de salarios debidos máis 437,40 euros de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos máis 36.935,68 euros de indemnización máis 5.005,55 euros de salarios de tramitación impostos por sentenza), a José Manuel García Asorey 44.804,41 euros (7.506,88 euros en concepto de salarios debidos máis 280,83 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos máis 37.016,70 euros de indemnización) e a Ángel Passaretti Costoya 46.248,15 euros (9.440,78 euros de salarios debidos máis 1.761,42 euros de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos máis 34.716,88 euros de indemnización máis 329,07 euros de salarios de tramitación), máis outros 600 euros en concepto de honorarios do letrado de Manuel Buján Fernández, máis outros 14.340,95 euros que se fixan provisionalmente para xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Do embargo de contas bancarias trabado non se obtivo cantidade ningunha e deuse a preceptiva audiencia aos executantes e ao Fondo de Garantía Salarial. O coexecutante José Manuel García Asorey presentou escrito solicitando a declaración de insolvencia da executada.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Hermanos Seoane, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 143.409,48 euros de principal correspondendo a Manuel Buján Fernández 52.356,92 euros (9.978,29 euros de salarios debidos máis 437,40 euros de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos máis 36.935,68 euros de indemnización máis 5.005,55 euros de salarios de tramitación impostos por sentenza), a José Manuel García Asorey 44.804,41 euros (7.506,88 euros en concepto de salarios debidos máis 280,83 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos máis 37.016,70 euros de indemnización) e a Ángel Passaretti Costoya 46.248,15 euros (9.440,78 euros de salarios debidos máis 1.761,42 euros de xuros do artigo 29.3 ET respecto aos salarios debidos máis 34.716,88 euros de indemnización máis 329,07 euros de salarios de tramitación), máis outros 600 euros en concepto de honorarios do letrado de Manuel Buján Fernández, máis outros 14.340,95 euros que se fixan provisionalmente para xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e debe indicar no campo concepto «recurso» seguido do código «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación «recurso» seguida do «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2015

A secretaria xudicial