Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35360

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (613/2014).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 613/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lara Vilar Lestón contra Construcciones BL Galicia, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Sentenza 376/2015.

Número de autos: despedimento 613/2014.

Na Coruña o dez de xullo de dous mil quince.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 613/2014, en que son parte, como demandante María Lara Vilar Lestón, con DNI 32838536X, representada pola letrada Nieves Patiño Losada mediante poder ápud acta que figura en autos, e como demandado Construcciones BL Galicia, S.L. e o Fogasa, que non comparecen ningún deles a pesar de estaren citados en legal forma segundo consta acreditado nos autos, sobre despedimento, pronunciou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza.

Decido que, estimando a demanda interposta por María Lara Vilar Lestón, con citación do Fogasa, contra a empresa Construcciones BL Galicia S.L., debo declarar e declaro improcedente o cesamento efectuado e extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a entidade demandada a que aboe a demandante 29.290,36 euros en concepto de indemnización.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Construcciones BL Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de agosto de 2015

A secretaria xudicial