Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 1 de setembro de 2015 Páx. 35362

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 93/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 93/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bertrand Pérez Peña contra Neo Energy Solutions, S.L.; Raann Logisti, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto 466/2015.

Santiago de Compostela, doce de agosto de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Manuel Bertrand Pérez Peña presentou demanda de execución fronte a Neo Energy Solutions, S.L.; Raann Logisti, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Segundo. Ditouse auto en que se despachaba execución con data do 4.5.2015 por un total de 12.801,24 euros de principal (en concepto de indemnización fixada polo TSX), máis outros 1.280,12 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, que, de ser o caso, se poidan xerar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Do embargo de contas bancarias trabado non se obtivo cantidade ningunha e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, efectuaranse as pescudas procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia logo de oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar as executadas Neo Energy Solutions, S.L. e Raann Logisti, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 12.801,24 euros de principal (en concepto de indemnización fixada polo TSX), máis outros 1.280,12 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan xerar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, no seu caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A.. Debe indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida de “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

A secretaria xudicial».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Neo Energy Solutions, S.L. e Raann Logisti, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2015

A secretaria xudicial