Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34634

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (1016/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1016/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos Pardo Verde contra Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., e Fogasa sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que, considerando integramente as demandas de despedimento e resolución contractual e reclamación de cantidade interpostas por José Carlos Pardo Verde, contra Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola demandada Estructuras Metálicas Gallegas, S.L. con data de efectos do día 16 de xaneiro de 2015, e, non sendo realizable a readmisión do traballador demandante, debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a mercantil demandada.

2. Debo declarar e declaro, así mesmo, extinguida na data da presente resolución a relación laboral entre o demandante e a mercantil demandada por incumprimento contractual grave imputable á mercantil demandada.

3. Debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de 23.460,78 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data desta resolución.

4. Debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de 11.571 euros en concepto de diferenzas salariais e salarios coa desagregación efectuada no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros do artigo 29.3 do ET sobre esta última cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

5. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Pronúncioo, mándoo e asínoo por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015

A secretaria xudicial