Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34633

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (843/2014).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial acctal. do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 843/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Manuel Teijeiro Capelán contra Proximar, S.L. e outras sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Tense por desistido a Víctor Manuel Teijeiro Capelán, na reclamación de cantidade exercida fronte as entidades Nieto Ares, S.L., e Frigoríficos Siete Pías, S.L.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Víctor Manuel Teijeiro Capelán, contra a entidade Proximar S.L., en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Proximar, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 2.600 € líquidos por salarios devindicados en decembro de 2013 e xaneiro de 2014 (ambos inclusive), incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma á empresa Proximar S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de agosto de 2015

A secretaria xudicial