Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 24 de agosto de 2015 Páx. 34636

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (128/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 128/2015 deste xulgado, por instancia de Ramón Balsa Domínguez contra Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Ramón Balsa Domínguez contra Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola demandada Estructuras Metálicas Gallegas, S.L. con data de efectos do día 16 de xaneiro de 2015, e non sendo realizable a readmisión do traballador demandante, debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e a mercantil demandada.

2. Debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboar ao demandante a suma de 35.440,24 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2015

A secretaria xudicial