Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34356

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (257/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 257/2015 por instancia de María Alejandra Vázquez Vigo contra Rohyl Ervedelo 60, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales se ditou auto de aclaración de sentenza o 31.7.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Auto: 115/2015.

DSP despedimento/cesamentos en xeral 257/2015.

Sobre: despedimento.

Demandante: María Alejandra Vázquez Vigo.

Demandados: Rohyl Ervedelo 60, S.L., Fogasa.

Avogado: Fogasa.

Auto.

Maxistrado xuíz: Nicolás Emilio Pita Lloveres.

Na Coruña o trinta e un de xullo de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Que con data do 16.6.2015 se ditou sentenza nos presentes autos, pola que se admitía a demanda formulada por María Alejandra Vázquez Vigo.

Segundo. Que a parte demandante presentou escrito o 28.7.2015 solicitando a aclaración da sentenza en canto aos particulares que se especifican no devandito escrito.

Fundamento de dereito único: de conformidade co que establece o artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, que dispón: “Os xuíces e tribunais non poderán variar as sentenzas e autos definitivos que pronuncien despois de asinados, pero si aclarar algún concepto escuro ou suplir calquera omisión que conteñan. Os erros materiais manifestos e os aritméticos poderán ser rectificados en calquera momento. Estas aclaracións ou rectificacións poderán facerse de oficio dentro do día hábil seguinte ao da publicación da sentenza, por instancia de parte ou do Ministerio Fiscal.”

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

A súa señoría acorda que procede a aclaración da resolución da sentenza do 16.6.2015, a cal quedará do teor literal seguinte:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por María Alejandra Vázquez Vigo fronte á empresa Rohyl Ervedelo 60, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Rohyl Ervedelo 60, S.L., á demandante e comunicado o 18 de febreiro de 2015.

– Declárase extinguida, na data do despedimento (18.2.2015), a relación laboral que une a demandante coa empresa Rohyl Ervedelo 60, S.L.

– Condénase a empresa Rohyl Ervedelo 60, S.L. ao aboamento da indemnización de sesenta e cinco mil cincocentos vinte e sete euros con dezasete céntimos de euro (65.527,17 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz. O/a secretario/a xudicial.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rohyl Ervedelo 60, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 31 de xullo de 2015

A secretaria xudicial