Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34355

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (332/2014).

SSS seguridade social 332/2014

Sobre seguridade social

Demandante: Roberto Calvete Vázquez

Avogada: Carmen María Lareo Casal

Demandados: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Instituto Nacional da Seguridade Social, Andamios Souto, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña, se ditou resolución o 30 de xullo de 2015, dirixida a Andamios Souto, S.L., contra a que se poden interpoñer os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que sirva de notificación en legal forma a Andamios Souto, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xullo de 2015

A secretaria xudicial