Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34354

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (459/2014).

Eu, Elba García Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, polo presente anuncio:

Neste procedemento ordinario 459/2014, seguido por instancia de Remedios Alonso Losada contra Juan Fernando Martínez Cortizas, ditouse sentenza cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais María Gloria Sánchez Izquierdo, en nome e representación de Remedios Alonso Losada, debo condenar e condeno a Juan Fernando Martínez Cortizas, como administrador da mercantil Ourenopti, S.L., a que indemnice a demandante na cantidade de 13.056,95 euros máis os xuros legais da dita cantidade desde a firmeza da súa condena para pagar ata a data da presente sentenza, e os xuros legais desde a data da sentenza, incrementados en dous puntos ata o seu completo pagamento, con imposición das custas procesuais.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense, que se deberá interpor no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Por encontrarse o dito demandado, Juan Fernando Martínez Cortizas, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 19 de xaneiro de 2015

A secretaria xudicial