Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34352

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 678/2014 CRS).

Número de recurso: recurso de suplicación 678/2014 CRS

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 578/2012 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrentes: Michel Thierry Unit Components Ibérica, S.L. (Universal Textil de Galicia, S.L.), Michel Thierry Unit Componentes, S.L. Unipersonal

Avogado: Francisco de Borja Ríos González

Recorrida: Mónica Novelle Barral y Otros

Avogado: Birino Marcos Baamonde

Procurador: CIG

Recorrida: Emprego Externo ETT, S.L.

Recorrida: Manpower Team ETT, S.A.U.

Recorrida: Ábsida Recursos Humanos ETT, S.A.

Recorrida: Soluciones en Gestión Temporal ETT, S.L.

Avogado: Pablo Lorenzo Sarmiento

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 678/2014 CRS desta sección, seguido por instancia de Mónica Novelle Barral y Otros contra Michel Thierry Unit Componentes Ibérica, S.L. e outros, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que con desestimación do recurso interposto pola empresa Michel Thierry Unit Componentes Ibérica, S.L. confirmamos a sentenza que con data 31.10.2013 se ditou en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 dos de Vigo, por instancia de Mónica Novelle Barral, Rosa Ana Ferreira Durán, Ana María Iglesias Portela, María del Carmen Lorenzo Míguez, José Manuel Carballo Álvarez, Beatriz Collazo Movilla, María del Carmen Pereira Comesaña, María Jesús Darroza Freiré, Montserrat Pérez Álvarez, Carmen Dasilva Martínez, Hugo Jiménez Aguzar, María Hermitas Santos Pérez, María Consuelo Martínez de la Torre, Navia García Fernández, Cándida María Baqueiro Baqueiro, Alejandra Adán Táboas, María Sagrario Couto Darriba, Estrella Lusquiños Amoedo, Guadalupe Iago de Jesús, Concepción Lorenzo André, Pablo Alonso Pérez, María José Couñago Lago, Peregrina Pérez Blanco, María del Mar Pontes Gómez, María Teresa Pérez Rodríguez e Jesús Privado Soto, e pola cal se acolleu a demanda formulada.

Así mesmo, condenamos a parte recorrente a que polo concepto de honorarios satisfaga 601 € ao letrado da parte contra a que se recorre. E igualmente acordamos, se é o caso, a perda do depósito constituído e o destino legal para a consignación efectuada (aval presentado).

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Emprego Externo ETT, S.L. e Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xullo de 2015

A secretaria xudicial