Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34349

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (PO 21/2015-RJ).

Procedemento ordinario 21/2015

Sobre: conflito colectivo

Demandantes: Manuel Mariño López, Miguel Alende Nogueira, José Ramón Morono García

Avogado: Alberto Freijeiro Otero

Procuradora: Isabel María Castiñeiras Fandiño

Demandados: Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Marcelino Fernández Rodríguez, José Luis Fernández Rodríguez, Talleres Fernández Coruña, S.L., Compostela Concesionario, S.L. Unipersonal, Compostela Automotriz, S.L., Patrimonial Feranpe, S.L., Asesoría Global Automoción, S.L.

Avogados: (…) Ana Crecente Maseda, Alfredo Briales de Porcioles, Alberto Torreiro Santiso (…)

Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento ordinario 21/2015 deste tribunal, seguido por instancia de Manuel Mariño López, Miguel Alende Nogueira, José Ramón Morono García contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Marcelino Fernández Rodríguez, José Luis Fernández Rodríguez, Talleres Fernández Coruña, S.L., Compostela Concesionario, S.L. Unipersoal, Compostela Automotriz, S.L., Patrimonial Feranpe, S.L., Asesoría Global Automoción, S.L., sobre conflito colectivo, se ditou a seguinte resolución:

«Admitir a trámite a demanda de despedimento colectivo presentada:

– Dar traslado desta á demandada, e requirir o representante legal das empresas Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Marcelino Fernández Rodríguez, José Luis Fernández Rodríguez, Talleres Fernández Coruña, S.L. para que no prazo de cinco días presente na secretaría desta sala, preferiblemente en soporte informático, a documentación e as actas do período de consultas e a comunicación á autoridade laboral do resultado deste.

– Requirirlle, así mesmo, o representante legal das empresas demandadas para que no dito prazo de cinco días lles notifique aos traballadores que puidesen resultar afectados polo despedimento colectivo a existencia do proceso formulado polos representantes dos traballadores, xustificándoo ante esta sala, coa finalidade de que os ditos traballadores no prazo de quince días lle comuniquen a esta sala un domicilio para os efectos de notificación da sentenza.

– Solicitar á autoridade laboral copia do expediente administrativo no prazo de dez días e, en todo caso, con antelación suficiente ao sinalamento.

– Indicar o próximo día 9.7.2015 ás 10.15 horas para o intento conciliatorio ante o secretario xudicial e ás 10.30 horas para o suposto de que tal conciliación non se obtivese e, consecuentemente, ter lugar os actos de xuízo.

– Citar as partes en legal forma coa advertencia de que deberán comparecer con todos os medios de proba de que intenten valerse e de que, de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión do acto de conciliación ou xuízo, poderá a secretaria xudicial no primeiro caso e a sala no segundo ter a parte demandante por desistida da demanda; e se se tratase do demandado non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo, que continuará este sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Citar o Fondo de Garantía Salarial, con entrega de copia da demanda, de conformidade co establecido no artigo 23 da LRXS.

– Cítese o Ministerio Fiscal ao ter alegado o demandante vulneración de dereitos fundamentais.

– Se as partes intentasen valerse de proba documental ou pericial e, polo seu volume ou complexidade, fose conveniente posibilitar o seu exame previo, deberán facilitar tal exame trasladando esta á contraparte, preferiblemente en soporte informático, cunha marxe superior a cinco días previos á sinalización e, en todo caso, achegando tal proba a este tribunal para que poida ser examinada pola adversa, con igual antelación.

– Pasar as actuacións ao maxistrado relator para resolver sobre a proba proposta.

Contra a presente resolución non cabe interpor recurso ningún por aplicación do artigo 124 da LRXS».

Así mesmo, faise constar que a demanda e documentación están á disposición na secretaría desta sala.

E para que lle sirva de notificación e citación en legal forma a SS Fernández Concesionario, S.L. e Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 30 de xullo de 2015

A secretaria xudicial