Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 21 de agosto de 2015 Páx. 34359

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (166/2014).

ENX execución de títulos non xudiciais 166/2014

Procedemento orixe: impugnación de conciliación administrativa 463/2014

Sobre ordinario

Demandante: José Manuel Acha Doval

Graduado social: José María Corujo Seguido

Demandado: Gaesco, S.L., Fogasa

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 166/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Manuel Acha Doval contra a empresa Gaesco, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar o executado Gaesco, S.L. en situación de insolvencia por importe de 71.651,43 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gaesco, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 31 de xullo de 2015

A secretaria xudicial