Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34215

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (987/2015 IP).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 987/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 911/2013 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Tórculo Artes Gráficas, S.A., Campus na Nube, S.L. (antes Unidixital, S.L.)

Avogado: Manuel Lobato Iglesias

Recorridos: Fogasa, Randstad Empleo ETT, S.A. subrogada Laboram-antes Vedior, Fotocopias Maxin, S.L.U., administración concursal Fotocopias Maxin (María Sierra Rodríguez), Carmen María Vieiro Collazo

Avogados: Fogasa, Area Gago Gefaell, (…), Pedro Blanco Lobeiras

Casación en unificación de doutrina: 273/2015 IP

Parte recorrente: Carmen María Vieiro Collazo

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 987/2015 desta sección, seguido por instancia de Tórculo Artes Gráficas, S.A., Campus na Nube, S.L. (antes Unidixital, S.L.) contra Fogasa, Randstad Empleo ETT, S.A. subrogada Laboram-antes Vedior, Fotocopias Maxin, S.L.U., administración concursal Fotocopias Maxin (María Sierra Rodríguez), Carmen María Vieiro Collazo, sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela despedimento/cesamentos en xeral 911/2013.

Dilixencia de ordenación do/da secretario/a xudicial.

María Isabel Freire Corzo.

A Coruña, 29 de xullo de 2015.

O anterior escrito subscrito polo letrado Pedro Blanco Lobeiras, en nome e representación de Carmen Maria Vieiro Collazo únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, achéguense copias do dito escrito e desígnese un domicilio para notificacións na sede da dita sala; deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 2 de Santiago que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asino. Dou fe.

A secretaria xudicial.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxin, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xullo de 2015

A secretaria xudicial