Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34213

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (2775/14 MCR).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2775/2014 MCR desta sección, seguido por instancia de Juan Carlos Giráldez Rodríguez contra Granitos González e Nogueiras, S.L., Mármoles Avenida, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Granitos Oliveira, S.L., sobre recarga de accidente, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante Juan Carlos Giráldez Rodríguez contra a sentenza do dezasete de marzo de dous mil catorce ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo nos autos nº 1272/2013 seguidos por instancia do demandante contra o INSS e as empresas codemandadas Blockdegal, S.A., Mármoles Avenida, S.L., Canteras Villafría, S.L., Manuel Vaqueiro, S.L., Granitos Caballero, S.A., Granitos Oliveira, S.L., Granitos González Nogueira, S.L., sobre recarga de prestacións por omisión de medidas de seguranza e hixiene, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguranza, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mármoles Avenida, S.L.y Granitos González y Nogueiras, S.L., expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de xullo de 2015

A secretaria xudicial