Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 20 de agosto de 2015 Páx. 34217

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (144/2014).

Familia, garda, custodia alimentación fillo menor non matrimonio NON C 0000144 /2014

Sobre: alimentos provisionais

Demandante: Dalia Elizabeth Lorenzo Luciano

Procuradora: Patricia Cabido Valladar

Avogado: José Fernando Area Torres

Demandado: Luis Alberto Lorenzo Figuereo

Gema Antolín Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, fago saber:

Que no procedemento de familia, garda, custodia alimentación fillo menor non matrimonio NON C 144/2014 deste Xulgado de Primeira Instancia, seguidos por instancia de Dalia Elizabeth Lorenzo Luciano contra Luis Alberto Lorenzo Figuereo, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decisión

Estimo a demanda interposta pola procuradora Patricia Cabido Valladar, en nome e representación de Dalia Elizabeth Lorenzo Luciano contra Luis Alberto Lorenzo Figuereo, en rebeldía procesual, e con intervención do Ministerio Fiscal, e acordo a adopción das seguintes medidas:

1. A filla menor, Carmen Dalia, continuará baixo a garda e custodia da nai, Dalia Elizabeth Lorenzo Luciano, á cal se lle atribúe o exercicio exclusivo da patria potestade, mantendo a titularidade da patria potestade en ambos os dous proxenitores.

2. Non se establece réxime de visitas a favor do pai, sen prexuízo de ulterior establecemento se o pai o interesase e resulte acreditado que iso redunda en beneficio da menor.

3. Luis Alberto Lorenzo Figuereo deberalles aboar en concepto de pensión de alimentos aos dous fillos da parella (Luis Alberto e Carmen Dalia) a suma de 120 euros ao mes, por cada un deles, e que o pai deberá satisfacer dentro dos cinco primeiros días de cada mes, mediante ingreso na conta corrente designada pola nai. Esta cantidade revalorizarase anualmente elevándose na mesma proporción que experimente o índice de prezos de consumo que publica periodicamente o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa, e producirase a primeira elevación ao ano da entrada en vigor destas medidas.

Respecto dos gastos extraordinarios dos fillos, serán aboados por metade por ambos os dous proxenitores, estimando como tales os médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social.

Dada a natureza do presente procedemento non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución en forma legal ás partes e ao Ministerio Fiscal, ás cales se advirte que contra esta cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, de conformidade coa autoridade que me confire a Constitución de 1978 e a Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Luis Alberto Lorenzo Figuereo, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 11 de decembro de 2014

O secretario xudicial