Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33738

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (152/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 152/2015

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 559/2014

Sobre ordinario

Demandante: Ana María Rey Radio

Avogada: Lourdes Piñeiro González

Demandados: Texguesa S.L. e o Fogasa

Edicto (152/2015).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 152/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ana María Rey Radio contra a empresa Texguesa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Dispoño despachar orde xeral de execución de sentenza do 11.3.2015 a favor da parte executante, Ana María Rey Radio, contra Texguesa, S.L., parte executada, por importe de 9.235,74 euros en concepto de principal máis outros 923,57 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC); queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Texguesa, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, de estaren ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionada, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e os gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a investigación de bens do executado».

Para que sirva de notificación en legal forma a Texguesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de xullo de 2015

A secretaria xudicial