Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33736

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (477/2014).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifica que nese xulgado se tramitan autos arriba referenciados en que se ditou a seguinte:

Sentenza número 128.

En Vigo, 27 de febreiro de 2015.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 477/2014 sobre disolución do matrimonio por divorcio, actuando como demandante José Manuel Villar González, representado polo procurador dos tribunais Juan José Muíños Torrado e coa asistencia letrada de Susana Retorta Pousa, contra Rosa María Vázquez Gil, declarada en situación de rebeldía procesual, con base nos seguintes:

(Seguen antecedendes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Muíños Torrado, en nome e representación de José Manuel Villar González, contra Rosa María Vázquez Gil, declarada en situación de rebeldía procesual, estimo esta, e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Non se fai unha especial imposición de custas.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición de matrimonio co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Esta sentenza é susceptible de recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que se deberá interpoñer no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, encontrándose a dita demandada Rosa María Vázquez Gil en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma.

Vigo, 27 de xullo de 2015

A secretaria xudicial