Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33734

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 27 de xullo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal, a cobertura de diversas prazas da categoría de facultativo especialista de área para os servizos sanitarios de atención especializada.

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, ao abeiro dos principios recollidos na norma I.2 do Pacto de selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade (DOG nº 89, do 9 de maio de 2011), en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánizativa da xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, as prazas de facultativo especialista de área que se relacionan na base primeira da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar na presente convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases presentaranse, dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, no Rexistro Xeral da dita xerencia, sito na Travesía da Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos centros hospitalarios dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, no Punto de Atención ao Traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es ).

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2015

Luís Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela