Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 17 de agosto de 2015 Páx. 33740

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (394/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña (reforzo), fai saber que no procedemento ordinario 394/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Quebrada Moure contra Matinnova, S.L., no que é parte o Fondo de Garantía Salarial, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 3 da Coruña

Reforzo

Sentenza 334/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 394/2013.

Demandantes: Beatriz Quebrada Moure.

Letrada: Sra. Gómez Lozano.

Demandado: Matinnova, S.L.

Letrado:

Fogasa

Sentenza 334/2015

A Coruña, 23 de xullo de 2015

Decido

– Estimo a demanda formulada por Beatriz Quebrada Moure fronte a Matinnova, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 2.038,02 euros en concepto de salarios e indemnización debidos así como o 10 % do xuro de mora da dita cantidade.

– O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo.»

Para que sirva de notificación en legal forma á mercantil demandada, Matinnova, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de xullo de 2015

A secretaria xudicial